Accidente de tráfico en O Rosal.


O CAE 112 Galicia rexistrou esta mañá ao menos tres accidentes de tráfico provocados pola presenza de placas de xeo na calzada.
O máis recente ocorreu arredor das 10:30 horas na  PO- 353, ao paso polo concello pontevedrés de O Rosal.
Un turismo saíuse da vía e bateu contra un poste. As persoas que chamaron ao 112 para alertar pediron asistencia médica para un cativo. O persoal sanitario asistiu od dous menores de idade xunto o seu familiar e foron trasladados o Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo.
Así, o persoal do Centro de Atención ás Emerxencias de Galicia avisou aos profesionais de Urxencias Médicas e aos técnicos da empresa subministradora do servizo telefónico, pois o poste parteu e quedou tirado na calzada.
Igualmente, os xestores do 112 solicitaron a intervención do equipo de limpeza e mantemento da Axencia Galega de Infraestruturas para botar sal e desfacer as placas de xeo que se formaron sobre a calzada.